-A incrible e triste historia do cándido avogado e da moza - TopicsExpress



          

-A incrible e triste historia do cándido avogado e da moza desalmada. -Forzas un chisco as cousas, non cres? -A verdade, non entendo como a xente desaparece así da vida dun, sen máis, pero así é e non cabe dárlle máis voltas. Perdina de vista e punto. -Pois nada. E ti a todo meter, a mil por hora, revolucionadísimo por rúas e estradas… sabes o de que todas as desgrazas veñen xuntas, non? O saber popular… -Si, nesas situacións como un perde o control pode ocorrer desgraza sobre desgraza. -Anda, que tiveches sorte ou hai algo mais que eu descoñeza? -Non, non, nada. Pero tamén che recordo o de “é máis doado predicar ca dar trigo”. -Eu nin te acuso nin xulgo a moralidade dos teus actos nin che dou leccións de nada. -Tranqui, colega que o sangue non chegou ao río. -Uf! Somos un mundo de aromas por descubrir. -E sempre podemos aprender todos de todos. -Como non estar eternamente atados a nada, por exemplo. As derrotas non nos deberían marcar para o resto da nosa vida. -Nin as vitorias… A verdade pasei tanto tempo remoendo na súa ausencia! -Nesas situacións hai que recuar pero non finxir, cómpre racionalizalo todo… -Ti ben falas pero o seu rostro, o seu corpo tíveno cravado, gravado no meu a lume e ferro. A súa ausencia consumíame segundo a segundo. Cruel, cruel… -A nostalxia obsesiva é o camiño da perdición, da miseria, da confusión, un traxecto cara ningures e en ningures ninguén agarda por ti. -Un vai perdendo o norte a contagotas. A ansiedade non deixa ver nin respirar. As súas gadoupas… -Pero a realidade sempre se termina impoñendo. -Cando es quen de vencer o magnetismo do insomnio. A súa enerxía caníbal sempre cobra ao contado. O seu impacto rabuña no corazón… -Esta fraxilidade que amosas é conmovedora. -Estiven perdido pero non afundido, cando menos soltei as cadeas da incomprensión e da frustación. -Tes razón, non se fale máis disto. -Oquei.
Posted on: Thu, 06 Jun 2013 09:47:41 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015