-Eu, hoxe por hoxe, déitome contigo e co meu mozo. O pasado é - TopicsExpress



          

-Eu, hoxe por hoxe, déitome contigo e co meu mozo. O pasado é outra cousa, meu moi inxenuo rapaz. -Grazas polo de rapaz... Non hai forma de botar abaixo a porta do teu hermetismo. -Ou o tomas ou o deixas. E deito contigo... por experimentar cun home maduro, como che dixo a tipa do festival... Eu vivo ao día. -Cantos anos de noivado? -Tres, pero xa non conservamos a frescura dos primeiros meses. Como ti ben sabes, meu parviño de solemnidade, iso dura o que dura e punto. A primixenia forza da paixón esmorece a modiño pero irremesiblemente, agás que cada mencer lle botes moita imaxinación. Entre que unha luz se vai apagando e que outros lucecús aluman na noite pois... -Quedei sen batería para seguirte. Non sei por que pero creo que todos vivimos dicindo as mesmas parvadas. Tes uns peitos preciosos, como dúas laranxas maduras.... -E ti un pene moi xeitoso, longo como o dun boi. -Xa está, meu deus, outravez esta rapariga atravesando a liña vermella! Vou ter que tomar medidas urxentes para mantela á raia... -Toma, toma... -Falo en sentido alegórico. -Xa o supoñía. -Un amor verdadeiro, como di a canción, nin se compra nin se vende. -Non entendo o teu romanticismo, ese colador... -Contaxio dos versos de Rosalía. -Perdón, perdón, Rosalía de Castro foi unha muller que rachou co arquetipo de muller romántica, tanto na súa vida como na súa obra. -Xa metín a pata outra vez! -Desta absólvote. Calquera día vésme con que te namoraches loucamente de min. E non sería unha cuestión superflua. -Tampouco sería unha cousa do outro mundo. -Admito que cousas peores teño visto e vivido. -Ti es a miña catarse: tes un tipo magnífico, un corpo marabilloso como para merendalo, unha forma de bicar que resucita aos mortos... -Alto, alto aí, meu chaíñas! Sincroniza ese corazón desbocado... e o instinto descontrolado. -Chaíñas si, como non! ou chalado se ti así o queres pero no sentido de rendido de amores. Cada percha terma da súa peza de roupa. -Idílica paisaxe pero se continúas con este discurso, eu largo de aquí e non me volves ver o pelo, meu ilustre ladrón de corazóns. -Tranqui, tronca, hai que ter sentido do humor. As paisaxes idílicas ás veces acubillan verdades arrepiantes. -Anda, tira pola manta que imos pillar un catarro, un arrefríado de... -Está funcionando a calefacción... -Era un chiste, meu home de amores adúlteros! -Quedo coma un can mallado a paus. -Xa estou vendo eu como a conmoción, como o abatemento e o desánimo te invaden, meu pobriño, xa o estou vendo...! -Vou armarme de valor e dicir unha temeridade: pene ladrador pouco fodedor. -Por fin unha luzada ten presenza na túa vida! É unha fenda no teu muro. Por certo, recordas que me debes unha? -Unha? -Si, unha explicación. -Non teño conciencia. -O da conciencia mellor deixalo, polo de agora. Débesme unha, boeno, deber deber débesme varias, pero hoxe céntrome nunha. -Cal? -A da rapaza musical. -A do jazz? -Esa que come e calza. -E bebe, supoño pois eu non a volvín ver. -Xa resolvín o enigma horoscópico, o misterio. -E como? Acaso tes poderes psíquicos especiais? -Intuición feminina, como che contestou ela a ti. -Xa o dicía eu! Unha zumbadiña... Conta, conta. -Do vestiario nin che falo. O teu con ela foi froito dunha aposta. Programación. Así de vulgar. -Foder! -Foder si... Unhas amigas que se retaron a ver cal delas era a primeira en levarte á cama. E colléronte ao chou. - E o premio? -Queres ti mellor recompensa? -Non, non, se desde os sofistas, segundo afirma creo que Borges ou Octavio Paz ou os dous, non recordo ben, desde os sofistas a casualidade non existe pero, polo que contas, esta aventura... Unha historia disparatada. -Dúbido de que eses poetas e ensaístas, de que eses eruditos teñan defendido esa tese pero, como dis ti, pero. Disparatada talvez pero esa é a verdade e toda a verdade, aínda que te manque no ego, aínda que che ataque... -Non é doado facer as paces co pasado e menos co pasado recente. -Lidar co carácter dun sobrecarga a circulación. Convén refrescarse para enfríar o mal xenio. O frío revitaliza os sentidos. -Receita outro tipo de alivio. -Esta cama para degustar con devoción o descanso postcoital. -Amén. -Unha mina de ouro, pero cada cousa ao seu tempo. Creo recordar que esa moza te trouxo a mal traer… Pormenoriza. -Con ela, mellor dito: despois dela, sufrin un auténtico calvario, un verdadeiro via crucis. Escribín centos de poesías que colguei no feisbu a ver se había sorte, pero… -As poesías máis tarde. E, polo que xa contaches, non houbo sorte. -Non, non e das poesías… a maior parte en paradoiro descoñecido, talvez nun vertedoiro do lixo. Case todo o mundo afirma, na miña opinión equivocadamente, que quen non pelexa por un amor non é merecente del. -Por…? -Porque o amor esixe reciprocidade e se ista non se dá, senón hai dúas persoas que sintonizan e batallan para superar os atrancos que se lles presentan no camiño, no hipotético suposto de que a cousa vaia adiante, prodúcese unha situación de poder, de dominio malsán que implica que unha das partes se entrega submisamente á outra e iso frecuentemente nunca acaba ben… E agora escoita un dos moitos poemas que lle escribín a esa becha. -Becha si, pero ben tocado que te deixou. Cego de amor, esta noite soñei que durmía no teu cuarto e na túa cama, soñei e soñei que durmía entre as túas sabas. Espertei, ti non estabas, eu non estaba. -Semella ter certo ritmo e musicalidade. Curiosa a túa teoría… -Teoría para a ruptura dun soño: a maravillosa historia dun simple mecanismo de gravación emocional: as nosas olladas e a ausencia de palabras. Sempre o mesmo zunido: martelo e tarabelo. Paranoias…Recordo outro dos poemas: Cómpre polinizar a beleza en moitas palabras e non podar a transparencia. Cómpre buscar lugares de encontro e non furgar nas cinzas, abrir novos espazos á creación, fertilizar as caligrafías con seme de futuro. -Así, sen…? -Si, así sen... -Non lle vexo a conexión.
Posted on: Wed, 28 Aug 2013 07:14:57 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015