[RESUMO XUNTANZA CO MINISTERIO DE PESCA] Onte martes, Xavier Aboi - TopicsExpress



          

[RESUMO XUNTANZA CO MINISTERIO DE PESCA] Onte martes, Xavier Aboi da CIG e Antonio López e Xosé Ramón Silva representantes dos tripulantes, tiveron reunión en Madrid con tres altos cargos do Ministerio de Pesca do goberno español (Subdirector de relacións internacionais, un dos responsábeis das axudas e unha das responsábeis nas negociacións de acordos pesqueiros). AS NOTICIAS TAL E COMO TEMIAMOS, NON SON BOAS. Hoxe, rematan as axudas para tripulantes & empresas e a alternativa que dan é, literalmente, "que a xente vaia para o paro ou se busque vida". O novo acordo con Marrocos dalle saída aos barcos andaluces, mais non axuda á flota galega de Mauritania amarrada. Guiné Bissau esta pechado e sobre Mauritania a Eurocomisaria de Pesca Damanakis sigue preocupada por arranxar o dos barcos peláxicos (holandeses etc).Tanto é así, que está chegando ao caladoiro o barco máis grande, de 147 metros de eslora (!!) Aos barcos galegos non lles queda alternativa, mentres o goberno español está escondido e o presidente Feijóo e a Conselleira de Pesca da Xunta andan de paparota pola festa do albariño. Ante as preguntas da CIG de se falaron cos eurodiputad@s do Pleno do Parlamento europeo a resposta foi negativa e mesmo recoñeceron que "a CIG falou con máis eurodeputad@s que o goberno español". Ante a pregunta de se o goberno español ten os votos suficientes para a "minoria de bloqueo" isto é, para cos votos dos eurodeputad@s impugnar o acordo que exclúe a nosa flota, a resposta foi tamén negativa. A cousa pinta mal por culpa desta panda de incomPpetentes... Hoxe en asemblea aprobamos novas accións reivindicativas... Manterémosvos informad@s! Adiante!!!
Posted on: Wed, 31 Jul 2013 22:12:09 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015