A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO ENTRE AS MELLORES DO MUNDO A de - TopicsExpress



          

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO ENTRE AS MELLORES DO MUNDO A de Santiago é unha das dezaoito universidades españolas destacadas polo QS World University Rankings. Na súa décimo edición, este ráking seleccionou as 800 mellores institucións universitarias do mundo de entre un total de 3.000. Como explican os seus promotores, a QS Intelligence Unit, esta listaxe susténtase sobre catro bases, investigación, calidade do ensino, reputación entre os empresarios e internacionalización. Para o seu desenvolvemento, a metodoloxía de análise componse de seis indicadores nos que se presta atención á reputación académica (40% da valoración), reputación entre os empresarios (10%), ratio de estudantes por profesor (20%), citacións por autor (20%), estudantes internacionais (5%) e profesorado internacional (5%). Nesta edición, o equipo encargado da elaboración do ránking contou coa colaboración de 62.094 académicos e 27.957 empresarios. A Universidade de Santiago sitúase entre as cincocentas mellores do mundo xunto coas outras españolas, Sevilla, Alcalá, Murcia, Granada, Zaragoza, Valencia, Salamanca, Politécnica de Madrid, Politécnica de Valencia, Politécnica de Catalunya, Carlos III de Madrid, Navarra, Pompeu Fabra, Complutense de Madrid , Autónoma de Madrid, Barcelona e Autónoma de Barcelona. Na interpretación dos resultados, o director de QS Intelligence Unit, Ben Sowter, apunta que os recortes realizados en España para paliar os efectos da crise económica teñen debilitado o sistema educativo nacional. Opina ademais que as universidades e centros de investigación, como vectores de innovación e desenvolvemento de capital humano, poderían constituírse nunha plataforma para superar a crise, “non obstante, debe ofrecerse o contexto axeitado para que podan despregar efectivamente as súas actividades”. Segundo o mesmo Sowter a presenza de dezaoito universidades españolas entre as mellores do mundo débese “principalmente á reputación destas institucións entre académicos e empresarios”. Non obstante, engade, “para permanecer competitiva e seguir o cada vez máis acelerado ritmo do mundo, España deberá invertir nas súas universidades e centros de investigación”.
Posted on: Tue, 10 Sep 2013 13:13:54 +0000

Trending Topics




© 2015