A menos dun mes de que remate a estación estival, o Servizo de - TopicsExpress



          

A menos dun mes de que remate a estación estival, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presenta una nova tanda de actividades de contacontos dentro do programa “No verán… un conto”. Son cinco espectáculos infantís que se levarán a cabo en varios barrios da cidade. O obxectivo desta actividade é achegar ao público infantil pezas da nosa tradición oral e poñer e valor a palabra como vehículo de comunicación, de cultura e tamén de lecer. A continuación podedes coñecer os cinco espectáculos e as sete datas nas que serán representados, todos se levarán a cabo ás 20.00 en espazos abertos e de balde. No Verán… un conto 2013: programación de setembro Contos de verán: primavera, verán, outono e inverno. As catro estacións, cada unha coas súas cores, as plantas e a fauna. Os contos de Marcelo achegarannos á natureza de cada estación. Aprenderemos os nomes dos animaliños que nos acompañan no verán, das flores que nacen na primavera, da chuvia… Mércores 4 na praza da Independencia Venres 20 no parque de Navia (Teixugueiras 30) Recomendada para menores de 6 anos Ciclobiblioteca: o bardo Abelardo percorre as prazas coa súa ciclobiblioteca achegando música e contos a todo o mundo. As súas historias están cheas de música, cor e alegría. A fantasía e imaxinación bulen entre a xente. Ademais o bardo convida a todos os nenos e nenas a ler algún dos libros da súa biblioteca con rodas. Xoves 5 fronte o Mercado do Calvario Venres 6 no parque do Emigrante en praza América Recomendada para menores de 6 anos A tropa de trapo: ao longo do espectáculo, Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar. Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa: o río énchese de regatos pequenos. Mércores 11 na praza da Independencia Recomendada para nenos maiores de 6 anos Rodari-Rodari (Contos do tranvía): o tranvía de Marín, baseándonos, sobre todo, na descrición humorística que do mentado tranvía fixo Castelao, serviranos como medio de transporte do espectáculo. O músico Carlos Quintá, tocará o seu acordeón diatónico, e o narrador Inacio Vilariño xogará coas onomatopeas producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música. Venres 13 no parque de Navia (Teixugueiras 18-20) Recomendada para menores de 6 anos O cullarapo Croque: Miguel Ángel envólvenos nun mundo de tenros animaliños onde os elementos da natureza son o escenario propicio para o irrupción de sereas, barquiños viaxeiros e cullarapos faladores. Outros contos, outros personaxes, situacións e experiencias farán as ledicias das cativas e cativos. Xoves 19 fronte o Mercado do Calvario Recomendada para menores de 6 anos Máis información en facebook/vigo.engalego
Posted on: Thu, 05 Sep 2013 10:40:19 +0000

Trending Topics




© 2015