A vintena de mulleres emprendedoras presentes na 6ª feira Fademur - TopicsExpress



          

A vintena de mulleres emprendedoras presentes na 6ª feira Fademur acadaron un volume total de vendas de 12.000 euros As 22 participantes destacaron o éxito do evento, xa que estes datos de facturación acadáronse grazas á venda de produtos con prezos que oscilaban entre os 5 e os 10 euros Unha media de 500 persoas visitaron cada día a feira que contou con actividades paralelas coma degustacións, demostracións en vivo, exposicións fotográficas e obradoiros A 6ª feira Fademur pechou onte as súas portas acadando novamente o éxito adoitado en pasadas edicións. Esta feira, organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres do Rural (Fademur) en colaboración coa Deputación de Lugo, e nacida para dar a coñecer o traballo de mulleres que apostan por planificar negocios no rural, reuniu nesta ocasión a 22 emprendedoras, que acadaron un volume de negocio de 12.000 euros, beneficios moi destacados, tendo en conta que os produtos á venda tiñan prezos que oscilaban entre os 5 e os 10 euros. Hai que destacar tamén a importante afluencia de público, cunha media de 500 visitas diarias durante os once días que permaneceu aberta. Segundo as propias participantes, gran parte do éxito debeuse ó cambio de escenario, xa que por vez primeira os stands de venda instaláronse nunha carpa situada na praza de San Marcos, espazo moi transitado por lucenses e visitantes. Nestes stands, 6 emprendedoras de Lugo; 2 de Ourense; 4 da Coruña; 1 de Pontevedra; 4 da Rioxa; 2 de Cantabria e 1 de Castela León, puxeron á venda variados produtos de xoiería, cestaría, téxtil, decoración, coiro, olería ou alimentación (dulces, queixos, viño e castañas e derivados). A feira Fademur contou este ano cunha completa programación de actividades paralelas, organizadas para dar a coñecer máis polo miúdo o traballo destas e doutras mulleres que viven e traballan no rural. Degustacións gastronómicas, demostracións en vivo, exposicións fotográficas sobre os procesos de creación e elaboración dos produtos presentes, así coma obradoiros nos que se abordaron temas coma o dos novos canais de comercialización – as plataformas de comercio electrónico entre eles-, foron igualmente existosas entre os visitantes e as participantes nesta feira. Estes datos amosan a importancia de contar con iniciativas coma Fademur, que contribúen á promoción dos produtos autóctonos de calidade e a artesanía da provincia así coma do traballo destas mulleres en prol da dignificación do rural, que contribúen así a frear o despoboamento e fan do campo un entorno que ofrece innumerables oportunidades de crecemento económico.
Posted on: Mon, 10 Jun 2013 19:26:20 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015