CUANDO PODREMOS VER ESTAS AYUDAS EN COLOMBIA PARA EMIGRANTES - TopicsExpress



          

CUANDO PODREMOS VER ESTAS AYUDAS EN COLOMBIA PARA EMIGRANTES COLOMBIANOS RETORNADOS... Requisitos dos/as beneficiarios/as: Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España. Ter traballado no exterior durante un período mínimo de 1 ano. Quedarán eximidos deste requisito: -As persoas que teñan 65 anos ou máis na data de publicación desta resolución ou que cumpran 65 anos ao longo do ano 2013. -Os/as solicitantes que teñan recoñecida unha discapacidade por un organismo público oficial español nun grao igual ou superior ao 65%. Non ter transcorrido máis dun ano entre a data do seu retorno a España e a data de publicación desta resolución (23/05/2013). Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia. Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante ás previstas nesta resolución. Entenderanse como rendas ou ingresos insuficientes os que non superen en cómputo global, o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), fixado para o ano 2013 en 532,51€ mensuais, e relativos á renda per cápita da unidade familiar. Carecer de bens mobles e/ou inmobles cuxo valor supere o límite de 15.000 € máis 5.000 adicional por cada membro da unidade familiar. Quedan excluídos/as das axudas desta resolución: Os/as beneficiarios /as de anteriores resolucións da Secretaría Xeral da Emigración de axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares. Os/as solicitantes que teñan bens patrimoniais (mobles e/ou inmobles), cuxo valor supere o límite de 15.000 € máis 5.000 adicional por cada membro da unidade familiar.
Posted on: Sat, 28 Sep 2013 23:03:57 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015