Campionato de Tirataques. Despois do éxito obtido no Campionato - TopicsExpress



          

Campionato de Tirataques. Despois do éxito obtido no Campionato Mundial de Billarda, o Consorcio de Empresas “O que ti digas, cariño” vai valorar a posibilidade de facer, no Grove, un Campionato de “Tirataques” (o que por aí adiante chaman tiratacos ou tiracoios). O evento, que se faría un sábado, tería dúas partes: unha xornada matinal cun obradoiro para ensinarlle á xente a facer tirataques e outra de tarde coa celebración do Campionato. Mantendo a tradición que houbo no Grove, ata principios dos anos 70 do século XX, non se utilizarán dianas senón tapas de tarteiras, botes, leiteiras e paus. Aínda que xa non temos con nós ao Sr. Pepe Silva, gran músico e construtor de tirataques na súa zapatería da rúa da Praza, vaise contactar con varias persoas que aínda seguen tendo moita sona no Grove como artesáns destes artefactos. A continuación reproducimos unha entrada anterior do nos Facebook: “Un tirataques era un xoguete caseiro de fabricación propia, que os nenos utilizaban para lanzar pequenos proxectís: pedriñas, sementes, bolas, etc. Componse de tres partes: a forca que se facía cunha rama en forma de Y, as gomas que se ataban con corda fina á forca e a badana que se facía con coiro. Usábase suxeitándoo coa man non dominante (na maioría dos casos a esquerda) e estendendo o outro brazo. Unha vez colocado o proxectil na badana estirábanse as gomas agarrando a badana entre os dedos índice e polgar para situala á altura da meixela. Entón apuntábase e soltábase a badana para que o proxectil saíra disparado. Desgraciadamente os tirataques foron os culpable da morte de moitos pardais”.
Posted on: Mon, 09 Sep 2013 07:51:08 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015