David Cal e Gómez Noya, finalistas nos premios Príncipe de - TopicsExpress



          

David Cal e Gómez Noya, finalistas nos premios Príncipe de Asturias Os deportistas galegos compiten na edición de 2013 co golfista Olázabal, a nadadora paralímpica Teresa Perales e a regata tradicional Oxford-Cambridge. Por gcdeportes | Compostela | 19/06/2013 O piragüista pontevedrés David Cal e o triatleta ferrolán Javier Gómez Noya son dous dos cinco finalistas do Premio Príncipe de Asturias dos Deportes 2013 que se decide hoxe en Oviedo. Os rivais dos galegos son o golfista José María Olazábal, a nadadora paralímpica Teresa Perales e a regata tradicional Oxford-Cambridge. David Cal (Cangas, 1982) é o deportista español e o piragüista con máis medallas individuais en todo o mundo nos Xogos Olímpicos (catro platas e un ouro), acadados en Atenas 2004, Pekín 2008 (onde foi o abanderado español) e en Londres 2012. Agora mesmo atópase en Brasil preparándose para as Olimpiadas de 2016. Javier Gómez Noya, nado en Basilea en 1983 pero galego de Ferrol, é o actual subcampión olímpico de tríatlon, gañou a Copa do Mundo en 2006, galardón que revalidou en 2007, e en 2008 proclamouse campión do mundo en Vancouver, o que repitiu en Budapest en 2010. O xurado de Deportes compóñeno este ano 17 persoas, entre as que figuran catro ex-deportistas: a tenista Arantxa Sánchez Vicario, o futbolista Enrique Castro Quini, o baloncestista Jorge Garbajosa e o atleta Abel Antón. Tamén forman parte do xurado Marisol Casado, presidenta da Federación Internacional de Tríatlon, e José Perurena, presidente da Federación Internacional de Piragüismo, ambos tamén no COI. Nos últimos anos foron galardoados Iker Casillas e Xavi Hernández (2012), o atleta etíope Haile Gebrselassie (2011), a selección española de fútbol (2010), a atleta rusa Yelena Isinbayeva (2009) e o tenista Rafael Nadal (2008).
Posted on: Wed, 19 Jun 2013 09:36:30 +0000

Recently Viewed Topics




© 2015