Deportes | Daniel Vega reelegido presidente provincial de NNXX O - TopicsExpress



          

Deportes | Daniel Vega reelegido presidente provincial de NNXX O que leva tres anos ao fronte de NNXX na provincia de Lugo, Daniel Vega, foi hoxe reelexido presidente. Preto de 200 mozos e mozas de toda a província estiveron presentes esta tarde na sede dos populares en Lugo, arroupando a Daniel Vega na súa reelección como presidente. No conclave de NNXX tamén participaron: o voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, a voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, deputados nacionais, autonómicos, provinciais, rexedores e demais cargos políticos da provincia. Tamén estiveron presentes, a presidenta nacional de NNXX, Beatriz Jurado e o presidente rexional, Javier Dorado. O reelexido presidente, comprometeuse a continuar na liña emprendida de impulsar un proxecto centrado na participación real da xuventude na política e ofrecer solucións aos seus principais problemas. “Asumo de novo esta responsabilidade con seriedade e coa promesa de cumprir co deber que hoxe me encomendades, respondendo a esta confianza con traballo a través do amplo equipo que formamos”- manifestou Vega quen dixo que NNXX ten que tomar unha actitude activa para que cadansúa das achegas permitan unha organización forte. Afirmou Daniel Vega que os mozos populares son o nexo de unión entre a xuventude e o Partido Popular, os que representan os seus valores e ideais, que son os que mellor responden a través dun proxecto real ás necesidades reais dos cidadáns. “Somos a agrupación que analiza a realidade xuvenil para buscarlle solucións reais”- manifestou, quen subliñou que o seu programa busca o contacto cos principais sectores. Daniel Vega, comprometeuse a seguir traballando na liña do fundador do partido e anunciou a posta dun órgano para dirixir a Escola de Formación Manuel Fraga Iribarne. Rematou o reelexido presidente deixando claro que dende NNXX levarase a cabo o total servizo e a total disposición e entrega aos mozos, ao partido, a Galicia e a España. Por outra banda o voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, tildou a Daniel Vega de persoa traballadora e comprometida co partido e afirmou o compromiso claro e firme dos populares con NNXX. Dixo Barreiro que os mozos populares son o futuro do partido e criticou duramente ao PSOE, polo dano feito aos mais novos, quen truncou as súas expectativas de futuro. O voceiro do PP no Senado e presidente provincial lembrou a capacidade de sacrifício da xente nova e lembrou o diagnóstico correcto da situación que fixo Mariano Rajoy, quen a dia de hoxe, sin ser triunfalistas, os feitos avalan o seu bo traballo e demostran a súa boa forma de facer política. EXECUTIVA Presidente: Daniel Vega Pérez Vicepresidenta: Yaiza Neira Secretario xeral: Fernando Carreiras Vicesecretaria xeral: Rosa Arza SECRETARIA PRESIDENCIA Secretario Presidencia: Alberto Fernández Voceira: Sofía Pérez Vicesecretario territorial: Fermín Santín Vicesecretaria de comunicación: Sonia Fernández Vicesecretaria de novas tecnoloxías: Pablo Florez SECRETARIAS Economía e Industria: Patricia Rivera Traballo e emprendedores: Nuria López González Medio Rural e Medio Ambiente: Ismael Torres Pesca e Asuntos Marítimos: Roberto Fernández Familia: Goretti Díaz Armesto Asuntos sociais-benestar: Tatiana Rey Varela Cultura, Deportes e Asociacionismo: Catalina Pita Criado Educación-Universidades: Ángeles Novo Martínez Turismo: Catarina Blanco COORDINADORES COMARCA Terra Chá: Marcos Lombardero. Adjunto: Diego Rifón A Mariña: Roberto Fernández. Adjunta: Andrea Gil Lugo: Mar Carballas. Adjunto: Francisco Gómez Sarria: Ismael Torres A Montaña: Álvaro García. Lemos: Rosa Arza Taboada: Lorena López Osorio VOGAIS Cristina Cuba Carracedo, José Miguel Coira Díaz, José Roberto Otero , Ignacio Blanco, Ana Cabana, Oscar Bello, Tania Díaz, Luis Cabado, Fé Legaspi, Miguel Varela, Helena Del Valle, Jesús Barral , Marcos González, Jasone F. Lorenzo, Jeniffer Otero, entre outros.
Posted on: Sat, 02 Nov 2013 20:11:53 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015