E de ben nacido ser agradecido Xa terminou a edición 1.3 da - TopicsExpress



          

E de ben nacido ser agradecido Xa terminou a edición 1.3 da party, e as cousas sairon moi ben, pero en parte gracias á axuda de moita xente, o mérito non pode ser todo da Asociación Birus, porque para poder facer esta party necesitamos a colaboración de moita xente. Primeiro agradecer o concello de Riveira a axuda, o local, o interés e mil cousas mais sen as que teria sido imposible facer a Party. Sobre todo á concellería de Xuventude e a de Novas ténoloxias. Agradecer a súa gran implicación a os técnicos do Concello de Riveira, sobre todo a Mario Vidal, e tb a Ali Padín. Agradecer a súa colaboración tb á Mancomunidade de Arousa norte por seu apoio e colaboración. Agradecer as persoas que nos cederon o seu tempo os seus coñecementos para as charlas, as demonstración de esgrima antiga, de arisoft e a paciencia de esperar a que abrise o ceo para nos enseñar as estrelas. A Manuel por facer a demostración de OverCloking extremo, ainda que acetona que conseguiu non era a mellor, a Mon de Krynea por a charla de Crowdfunding, a Asocición Naronesa de Esgrima Antigua por a sua desmostración, ós Mercenarios do Barbanza por que a sua presentación-charla foi todo un espectáculo, a Gustavo por dar unha presentación-charla de netbeans-Java estando durmido, a Richi e Jorge que foi unha pena que non pudera dar a charla de Arduino pero a intención e o que conta e a Johnny da Asociación de CieloBarbanza por a charla sobre o universo ( Johnny, temos que medir mellor os tempos) e sobre todo por a paciencia para nos enseñar as estrelas polo telescopio, eso que tempo non axudou. A Marcos Fariña por nos salvar a vida deixandonos o Core de CISCO e a Jose Manuel Rodriguez (Mele) por nos axudar en remoto a configurar o DHCP e ter unha rede interna de verdade Á asociación Freaks party , que fan una das LanPartys de A Coruña por nos prestar uns Swichs de respaldo, e a María José (mery), Rubén (lee) por nos axudar como Suporters durante a party A Juan Pego de DemonKoffee por nos axudar durante TODA a party como suporters e coidar dos bocatas de Lola. A Lola, a cantinera do Mercantil, por os bocatas, empanadillas, etc.. A Diego “el vasco” por a súa axuda como suporter. Tambén agradecer a xente de Galiprint 3D, por traer as impresoras 3D e non sólo facer as demostración se non explicarnos como funcionan e nos facer compañía moitas horas durante a Party. También queremos agradecer a axuda de moitas empresas de todo o Barbanza que apostaron por nos e cederon material para os premios: Duarte(Boiro), Limpiño a man (Riveira), Conservas Lou, Telepizza Riveira, Rei Centolo Riveira, Infor Movil Riveira, .. Ó Forno de Castiñeiras por nos deixar a furgoneta para recoller as cousas e nos prestar a máquina de café. Que ben sentaban os cafes quentillos ( algún mesmo parecían saidos de Mordor!!) Agradecer también a colaboración do Liceo Marítimo de Riveira por nos prestar mesas e sillas. A PHR Software Factory para ceder todo o cable de rede ( o final non fiseron falta os 2 klm.. pero si mais de 1,5 Klm ) Gracias también a Boiromola, por nos ceder unha neveira para ter bebida fresquiña para os participantes ( e para os organizadores, claro ) A A.C.M. Inforibérica de Rianxo por nos prestar a impresora laser color e por deixar pezas para ter na party por se alguén tiña problemas e necesitaba facer unha reparación ou comprar alguna cousa. A Nacho, Pedro, Javi e outros mais que se quedaron despois de terminar a Party a recoller as cousas. E por último e non por eso o menos importante darlle as gracias os participantes, xa que todo o facemos para eles, pero por eso mesmo son parte importante de esta festa. Por a paciencia con os nosos erros, por o seu comportamento e compañerismo, por a sua axuda constante. MOITAS GRACIAS
Posted on: Tue, 05 Nov 2013 07:52:28 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015