E que tal unha ruta para percorrer a pé este lugar que sae da - TopicsExpress



          

E que tal unha ruta para percorrer a pé este lugar que sae da nosa imaxinación e gozar ademais das súas lendas?: Ruta dos Colados (Ribeira Sacra) Trátase dunha das rutas máis espectaculares, variadas e fermosas que se poden realizar na Ribeira Sacra (...) - Diversos e destacables miradoiros, entre os cales se achan o Miradoiro de Santiorxo, o Miradoiro do Colado do Boqueiriño e o Miradoiro do Colado da Cividade, desde os cales se pode contemplar en todo o seu esplendor o marabilloso Canón do Sil, nas súas zonas máis abruptas, con acantilados de máis de 500 metros de altura. - Importantes restos históricos dos antigos poboadores da rexión como o Castro de Vilanova, o Castro da Cividade, ou os numerosos petróglifos que se atopan ao longo do itinerario. - Elementos etnográficos relevantes como o conxunto de muíños do Xábrega, con máis de 12 muíños situados nunha preciosa contorna ao longo do arroio de Xábrega, e que sen dúbida constitúen un dos conxuntos etnográficos máis valiosos de toda a provincia de Lugo. - Numerosas aldeas, como Lobios, Casar de Cima, Lamas de Brosmos, Sampil, Noguedo, Paradela, A Somoza e A Boca, que reflicten o modo de vida e cultura das xentes da zona. - Outros monumentos e lugares destacables como o Santuario de Cadeiras (s. XVIII) onde o 8 de setembro se celebra unha importante romaría, - Lugares naturais sorprendentes como a zona dos Colados, paraxes situadas no bordo do canón ata onde podían chegar antigamente os carros de vacas para recoller as uvas ou a leña; e o embarcadoiro dos Chancís, nun impresionante lugar con vistas espectaculares sobre o Canón do Sil. - Formacións xeolóxicas singulares como a Pena de don Pedro e o Ciriguilloto do Demo, sobre as que existen numerosas lendas. (Fonte: WIKILOC: es.wikiloc/wikiloc/view.do?id=3976400) Lenda do Ciriguilloto do Demo Os penedos do Ciriguilloto do Demo están en Bolmente, concello de Sober (Lugo). Teñen a orixe na promesa que lle fixo unha muller ao demo cando lle dixo: -Se esta noite me fas unha ponte para pasar ao outro lado do río, douche o meu fillo. E o demo púxose á construcción da ponte pero cando saíu o sol só tiña rematado un pear, o que agora chaman por alí Ciriguilloto. Aínda hai máis. O demo caeu do pear e foi bater nunha laxe onde aínga agora se ven as pegadas da súa cabeza, dos cóbados e dos xeonllos. (Fonte: galiciaencantada/)
Posted on: Sun, 18 Aug 2013 16:45:09 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015