Esta noticia, que inserto a continuación, sale en A Mariña del - TopicsExpress



          

Esta noticia, que inserto a continuación, sale en A Mariña del Progreso del día de hoy, con la fotografía de la alcaldable más votada en las últimas Elecciones Locales de Mondoñedo, un tanto descafeinada. Son verdaderos profesionales los periodistas de aquel Periódico, jugando a encajar las palabras para que la noticia no tenga la resonancia que creo que se merece o el sensacionalismo adecuado bien usado en otras ocasiones. Es mi forma de pensar, mi oponión. No trato de aborrecer a nadie y menos a mis amigos de A Mariña-El Progreso. Pues ahí va la noticia literal para que la vean y comparecen. Gracias. Mondoñedo, 14 de setembro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo lamenta a xestión do alcalde que ten recursos económicos para a posta en valor do turismo, “porén non é quen de actuar”, así, dunha maneira máis concreta, dende o PP pedirán explicacións en pleno a Orlando González, sobre o motivo que levou ao nacionalista a contratar unha persoa para a oficina de turismo só no mes de setembro, cando a subvención que lle concedera a Xunta de Galicia incluía tamén xullo e agosto O PP explica que ao concello de Mondoñedo lle foi concedida unha subvención por importe de 4.846,65 euros, por parte da Axencia de Turismo de Galicia, dependente de Presidencia, -Xunta de Galicia- , ao abeiro da convocatoria para concellos declarados municipios turísticos para a contratación dun reforzo na oficina de turismo durante os meses de xullo, agosto e setembro. Sendo concedida a subvención para os tres meses de verán, o rexedor non contratou o traballador ata setembro, un feito, que os populares “din non entender” e polo que o alcalde deberá responder ao PP, dando conta a maiores si se perde a restante contía da subvención. Ante esta situación, dende o PP local condenan que o nacionalista deixase de crear durante xullo e agosto un posto de traballo “de tanta necesidade e demanda para os mindonienses”. Un feito que, segundo os populares, só vén a demostrar que ao alcalde “non lle importan os veciños”, do contrario “non os privaría dunha oportunidade para a que existía diñeiro”. Orlando González deberá dar explicacións sobre este desatino na próxima sesión plenaria, porén, os populares mindonienses consideran que “esta situación é inexcusable e prexudica a dinamización e ao pulo dunha localidade que ten no turismo un dos principais inxectores da economía municipal” “Atopámonos cun alcalde que ten recurso para a posta en valor do turismo, pero que pola contra non é quen de actuar”, reiteran os populares. Un alcalde que retrotrae ao municipio Os populares desaproban que Orlando González no lugar de “reactivar o municipio e levar a cabo políticas dinamizadoras, estea a pór de manifesto unha xestión que retrotrae ao concello, que o afoga e lle impide buscar unha saída” ante a situación na que se atopa froito da crise que está a afectar de maneira moi profunda ao concello tralo peche da principal empresa da localidade. O turismo, segundo explican os populares, é unha das áreas potenciais do municipio, que dende a “administración local se debe potenciar”, polo que “é inadmisible” que o nacionalista desaproveitase a oportunidade de contratar unha persoa durante os meses de xullo e agosto, sendo “a época de maior demanda”. O goberno local véndese pero logo non actúa O goberno local contradise na súa actuación tendo en conta que chegou a aprobar unha moción presentada polos populares na que pedían que se impulsara a oficina, como unhas das principais medidas para dinamizar o turismo local. Os populares lamentan que mentres o seu partido está a impulsar iniciativas para promocionar o turismo local e analizar as potencialidades da localidade; o goberno local de cara ao público amósese proclive á colaboración e mesmo ten un plan de dinamización turística; sen embargo, trala control da súa xestión evidenciase “un equipo de goberno desinteresado e despreocupado por Mondoñedo e polos mindonienses, privándoos de iniciativas que impulsarían a economía local”. Os populares consideran que de pouco serve un Plan Estratéxico do Turismo, que supuxo un custo de preto de 4.000 euros, ao que se lle suma a pretensión de gastos de 77.500 euros solicitado á Deputación para o Plan de Acción Turística, cando non se reforzan os principais instrumentos dentro de calquera plan, como é a información na oficina de turismo, tal e como puxeron de manifesto técnicos consultados polo PP durante as súas xornadas de traballo para impulsar o turismo local. Polo tanto, os populares reproban que teñamos unha oficina de turismo que non abre en días de gran demanda, como é na Semana Santa, e non se reforza durante os meses de xullo e agosto pese a ter unha subvención concedida para tal fin.
Posted on: Sun, 15 Sep 2013 10:53:11 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015