Estou abraiado, resulta que o Consello da Cultura Galega, editou - TopicsExpress



          

Estou abraiado, resulta que o Consello da Cultura Galega, editou no 2008 un estudo feito por o amigo Alfonso Mato, co titulo Ánxel Casal, un editor para un país. Que incluie a propaganda política da época e as publicación que van desde os editados pola editora Nos a LAR desde 1924 ao 1936 data na que morreu fusilado e esquencido ata polos seus agás Avelino Pousa Antelo. Titulos dos que se poido atopar - indica o autor- desde "A miña muller" de wenceslao Fernández Flórez, a primeira novela da colección LAR, con Casal de Administrador e Leandro Carré de Director propietario, ata a escolma de artigos nazionalistas de Antón Vidal Ponte, con data de 1936. Atoparonse libros do seu irmán Ramón. Ideólogo das Irmandades da Fala e foi traductor do inglés, e do primeiro libro de Nós, "Historía sintética de Galicia" do que se tirarón 500 exemplares que se venderon na súa casi totalidade para os mestres de Galicia. Un home de orixe humilde e coñecida de Santiago que non tiña outro obxetivo que pubricar todo o que podía en Galego. Pero que en 1934, a consecuencia do retraso na saída d´A Nosa Terra- o Partido Galleguista retirarallle a publicación do diario voceiro dos nacionalistas e que foi levado para Pontevedra. Na quel intre Casal chegou a anunciar o peche de Nós, afogado pola contabilidade, engadindo que remataría de pubricar a segunda Edición de Cousas, e algúns libros como Contiños da Terra que teñen moita saída. Non podo máis. Remataría fusilado eo seu corpo aparecería no lugar de Cacheiras tirado na cuneta. Donde hoxe ten un monoloito e pouca xente sabe de quen é polo lugar en donde está en unha curva cerrada. O nacionalismo tamén castigou a quen traballou para eles, non somentes a Casal, sinon tamén a Wenceslao, aínda hoxe non sabemos porque o oidian tanto. Teño que decir que o alcalde de Santiago chegou a facerlle unha exposición na cidade. Si alguén ten información que ma envie. Gracias
Posted on: Wed, 18 Sep 2013 16:20:09 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015