GONZÁLEZ BARCIA FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DE PRODUART E DA - TopicsExpress



          

GONZÁLEZ BARCIA FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DE PRODUART E DA FEIRA DO BONITO. AMBOS EVENTOS CELEBRÁRONSE A PASADA FIN DE SEMANA EN BURELA. Burela, 5 de agosto de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, fai un balance moi positivo tanto de Produart como da feira do bonito. Ambos eventos tiveron lugar a pasada fin de semana en Burela. O rexedor cre que “é un balance positivo porque aínda na situación de crise na que nos atopamos a presenza de xente en Burela foi moi importante durante toda esta fin de semana. No que se refire a Produart eu mesmo onte pola mañá estiven falando cos expositores e a verdade é que en liñas xerais estaban satisfeitos de como transcorreu esta cita e moitos deles xa confirmaron que volverían a Burela dentro dun ano. En canto ás transaccións comerciais, segundo eles mesmos tamén me comentaron, na propia feira foron en liñas xerais similares ás do ano pasado, pero tamén a feira serve para establecer contactos que se van desenvolvemento despois durante os meses seguintes”. González Barcia subliñou que “a valoración que podemos facer da 13ª edición de Produart é moi satisfactoria”. Sobre a feira do bonito que chegou á súa vixésimo novena edición o alcalde burelés indicou que “segundo os datos que nos pasou hoxe pola mañá a propia organización estímase que sobre unhas 8.000 persoas puideron pasar pola festa e que se venderon unhas 3.100 racións. Creo que os datos son bos, a pesar da situación que moitas persoas están a vivir”. José Mª González Barcia anunciou que “proximamente se reunirá o padroado da Fundación Expomar, probablemente o día 14 deste mes, para expoñerlle os resultados económicos de Produart, referidos ó presuposto da feira, e ver si se cumpriron os obxectivos que estaban previstos. Evidentemente nosoutros non podemos dar datos económicos dos expositores porque iso pertence ó seu ámbito de negocio”.
Posted on: Mon, 05 Aug 2013 11:54:15 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015