Hai unha técnica de fracturación do subsolo para extracción de - TopicsExpress



          

Hai unha técnica de fracturación do subsolo para extracción de crudo chamada "fracking". Está sendo moi utilizada nos EEUU para conseguir petróleo en cantidades industriais. O problema é que esta técnica é moi contaminante e entre outras cousas destroza e deixa inservibles os acuíferos ademais de contaminar as augas dos lagos e demais cando hai filtracións. A técnica de fracturación do subsolo é con areas, auga e disolventes que poden incluso desfacer as rochas. Estes últimos son os principais responsables da contaminación ademais doutros riscos como afundimentos, etc. Que se están dando nalgúns estados de EEUU polo uso desta técnica. Aquí vos deixo un vídeo sobre un destes esfondamentos e ao tempo tamén vos deixo a análise económica que fan quen non pensan en ningún momento no impacto ambiental. É moi significativo da visión sesgada e pouco previsora do capitalismo. Pode soar todo isto a rumoroloxía e incluso a teoría da conspiración pero por desgracia estou vendo moitas máis referencias ao que sucede das que pensei que vería. es.wikipedia.org/wiki/Fracturación_hidráulica ecoportal.net/Eco-Noticias/El_fracking_se_esta_tragando_un_pueblo_en_EE.UU._Un_enorme_agujero_alcanza_ya_los_240.000_metros_cuadrados Aquí a do "Economista". Só un despistado escribiu falando do impacto ambiental, o resto fai a análise só desde o enfoque da rendibilidade. Ver para crer. Terán pensado algunha vez na merda de mundo que lle deixarán @s net@s de seguiren así? eleconomista.es/mercados-cotizaciones/noticias/4950979/06/13/El-fracking-no-es-flor-de-un-dia-puede-convertir-a-EEUU-en-el-mayor-productor-de-crudo-en-10-anos.html
Posted on: Mon, 26 Aug 2013 23:12:55 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015