Hoxe no pleno o noso voceiro Xabier Paz describía en que se - TopicsExpress



          

Hoxe no pleno o noso voceiro Xabier Paz describía en que se converteron os plenos en Corcubión, "“Os plenos deste Concello, como os de outros pobos veciños,convertíronse nunha feira, ou máis ben, semellan un increíble circo,Un circo onde non hai malabaristas, nin saltimbanquis, nin trapecistas, nin paiasos.Nin tansiquera público.Tan só hai unhas feras dándose zarpazos e ofrecendo en cada función un triste espectáculo mentras se nos enche a boca de ‘democracia’”, sinalan. “Estamos en guerra: reflexionemos. Unha guerra con tres bandos en lugar de dous”, recoñece. “Nós somos os que temos que decidir si continuamos no circo ou procuramos rematar esta situación pendencieira e usamos a intelixencia para resolver os problemas que ten este pobo, que desgraciadamente son moitos”. “Os Proxectos Virtuais que están levando a este pobo a unha total parálise”, coma o gasto na wifi que non vai, ou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que “non se sabe si aínda existe, e está paralizado según o Goberno Municipal pola falla de consenso ca oposición
Posted on: Mon, 01 Jul 2013 16:42:12 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015