Lembrade, hoxe sábado 17, ás 19:00 horas, na Praza de Abastos de - TopicsExpress



          

Lembrade, hoxe sábado 17, ás 19:00 horas, na Praza de Abastos de Moaña: "Todos xuntos, como unha auténtica marea humana, debemos decir ben alto e ben claro: NON, BASTA XA! Digamos NON, digamos BASTA XA, berremos se for necesario, de forma masiva e contundente: - Contra as estafas do Goberno á clase traballadora, con máis de 6 millóns de desempregados e por enriba do 50% de mozos/as no paro. - Contra a corrupción dos políticos, coa financiación ilegal dos partidos, a dobre contabilidade, as contas opacas, os sobresoldos, a espoliación e o desmantelamento do sector público (?). - Contra algunhas actuacións da xustiza, que non sempre parece igual para todos. - Contra a pillaxe e o saqueo perpretados por executivos das caixas de aforros. - Contra os rescates á Banca, culpable indiscutible da crise, á custa das súas principais víctimas; as máis vulnerables e indefensas: os traballadores e os pequenos aforradores. - Contra o timo das preferentes; a usura das hipotecas e os desafiuzamentos; o atraco ós emigrantes pensionistas; o "tax lease"; o desmantelamento do agro e da pesca; os recortes en sanidade, educación e outros servizos e prestacións básicas; e tamén en salarios e pensións. - Contra a falta de expectativas laborais para os traballadores e traballadoras, para a xuventude, para os titulados universitarios (?), condenados a "escravitude laboral", ó desemprego e a fame, ou a emigración."
Posted on: Sat, 17 Aug 2013 11:44:08 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015