Modifícanse as obras da estrada de Dena a petición de veciños e - TopicsExpress



          

Modifícanse as obras da estrada de Dena a petición de veciños e concello. Finalmente, a Xunta modificará algúns puntos das obras que se están a realizar en Dena, despois das peticións veciñais e tamén do propio concello. O delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, estivo esta mañá en Meaño, acompañado pola alcaldesa, Lourdes Ucha, para analizar in situ as actuacións dende Vilalonga ata a praza de abastos. I e que a a rotonda da Chanca non é tan segura como defendían os técnicos, xa que neste punto xa se rexistraron tres accidentes no tempo en que a infraestructura leva operativa. Afortunadamente todos saldáronse con danos materiais de escasa consideración. Tanto os veciños como mesmo a alcaldesa, Lourdes Ucha, insisten en que o seu desvío excesivo do eixe natural da PO-550 propicia que a entrada dende Vilalonga continúe facéndose prácticamente en liña recta, favorecendo velocidades inadecuadas. Por tal motivo, vaise habilitar un paso elevado para os vehículos que proceden de Vilalonga antes da chegada á glorieta co fin de que se reduza a velocidade. Tamén se variarán as isletas elevadas de formigón que separan os carrís en Ponte Dena e na Rúa de Galicia, á altura do centro de saúde. E por último trataranse de eliminar o menor número posible de prazas de estacionamento na actuación de acceso á praza de abastos. Todo elo nolo resumían en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, e a alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha nunha conversa con Alba Piñeiro.
Posted on: Mon, 10 Jun 2013 20:40:47 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015