NOVIDADE! Despois de 14 meses parados, o Ministerio de Pesca do - TopicsExpress



          

NOVIDADE! Despois de 14 meses parados, o Ministerio de Pesca do Goberno Español convoca MAÑÁ ÁS 17H en Madrid a armadores e á CIG (representando aos traballadores) para valorar o acordo pesqueiro e as reunións da UE en Mauritania da semana pasada. Hai 15 días en Marín, representantes do Ministerio dixeron que ou había acordo, incluídos os cefalopodeiros, ou votarían en contra e denunciarían o acordo por infrautilización. O noso compañeiro Xavier Aboi presente naquela reunión, xunto con outros tripulantes, irá a Madrid...alí esixiremos, menos propaganda e máis respostas claras: -Vai defender o goberno español a flota galega en Europa ata as últimas consecuencias? -Cantos votos NON ao acordo pesqueiro ten comprometido o Estado Español dos eurodeputados nestes 14 meses que levamos coa flota amarrada? -Esiximos axudas para os traballadores e as empresas que dende o día 1 de xullo non cobran. Son a UE e o Estado Español os responsábeis da expulsión da flota galega. -No caso de non conseguir tumbar o acordo, que medidas de tipo político e económico vai poñer en marcha o Estado Español para asegurar que a nosa flota poida seguir pescando polbo e para que non se perda a actividade económica derivada da pesca e os postos de traballo directos e indirectos que dela dependen? ABONDA DE FUME, ABONDA DE DESGUACES! QUEREMOS VIVIR DIGNAMENTE DO TRABALLO NO MAR!
Posted on: Wed, 25 Sep 2013 09:35:46 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015