O CONCELLO DE BURELA RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA DE MÁIS DE - TopicsExpress



          

O CONCELLO DE BURELA RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA DE MÁIS DE 14.500 EUROS PARA O SEU PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ABSENTISMO ESCOLAR. DIANA DURÁN AMÓSASE SATISFEITA POR ELO E TAMÉN POLO TRABALLO REALIZADO COS RAPACES E RAPAZAS DURANTE TODO O ANO. Burela, 25 de xullo de 2013. A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, amósase satisfeita tras coñecer que a Xunta lle acaba de conceder ao Concello de Burela máis de 14.500 euros para o seu Programa de prevención do absentismo escolar. Segundo subliña a edil popular “trátase do 80% do custe total do proxecto que se sitúa nos 18.000 euros, pero é a totalidade do que solicitamos, é dicir concedéronnos o 100% da subvención pedida para este fin”. A subvención vai destinada a: orientación e asesoramento aos rapaces (4.520 euros); participación no protocolo de absentismo (260 euros); obradoiro de técnicas de estudio (753 euros); obradoiro de pais e nais (350 euros); orientación e asesoramento ás familias (6.781 euros) e coordinación entre os axentes sociais (1.970 euros). Diana Durán dixo que “estamos moi contentos de poder contar con esta subvención para levar adiante durante todo o ano o noso Programa de prevención do absentismo escolar. Hai algunha actividade que realizamos durante o verán, pero a maioría desenrólanse durante todo o curso”. O pasado 8 de xullo daba comezo a Escola de Pais e Nais, “un taller no que se tratan temas como as funcións parenterais, a prevención do fracaso escolar e o abandono prematuro da escola, as causas e consecuencias do absentismo escolar, estratexias de motivación para o estudio, etcétera”, dixo a concelleira de Servizos Sociais. Esta escola que se estivo a celebrar os luns de xullo de 12 a 14 horas na Casa do Concello, seguirá o vindeiro 29 de xullo e tamén o 5 de agosto. Durán lembrou que “en setembro, o protagonista será un obradoiro de técnicas de estudo, aprendizaxe e motivación dirixido sobre todo a rapazas e rapaces estudantes de ESO e PCPI ou que estean preparando algunha proba para a obtención do título en ESO, probas de acceso ou exames de recuperación. Realizarase do 2 ao 6 de setembro en horario de 12 a 14 horas na Casa do Concello”. Os mozos, mozas e pais que precisen máis información poderán chamar ás Oficinas de Información do Concello ao teléfono 982 58 60 00 e preguntar por Noelia Legaspi, a educadora familiar.
Posted on: Thu, 25 Jul 2013 09:46:30 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015