O vindeiro mércores, 30, a partir das 20.30 nova actividade do - TopicsExpress



          

O vindeiro mércores, 30, a partir das 20.30 nova actividade do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo. O contador Brais das Hortas, achegarase a La llave de oro (Avda. das Camelias, 112) con CONTOS DE DEFUNTOS E OUTROS ASUNTOS. Contos de mortos que non están tan mortos, da Santa Compaña que non era tan santa, de aparecidos e visións... de todas esas cousas que rodean a morte e a vida en Galicia, e das que nunca está de máis falar un pouco. O noso mundo cambiou, e quen sabe se o dos mortos tamén! Porque aínda que haxa luz eléctrica, nunca se sabe onde se che pode aparecer algo...
Posted on: Tue, 29 Oct 2013 07:39:15 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015