Oleiros inaugurou o parque que leva o nome de José Luis - TopicsExpress



          

Oleiros inaugurou o parque que leva o nome de José Luis Sampedro 22 de Xuño de 2013 Oleiros, 22 de xuño de 2013-. O Concello de Oleiros inaugurou na tarde de onte o parque que leva o nome de José Luis Sampedro cun pequeno acto no que se descubriu unha placa en recordo do humanista, economista e escritor. O alcalde de Oleiros destacou durante a súa intervención a figura de Sampedro e o seu papel como pensador na sociedade española ao longo da segunda mitade do século XX e ata os nosos días. García Seoane fixo un percorrido pola vida de Sampedro destacando o seu nomeamento como senador no principio da etapa democrática e sinalou dous dos seus libros, A sonrisa etrusca e O canto da sirena, como obras mais representativas do seu pensamento. Ademais o rexedor recordou as dificultades do Goberno local no desenvolvemento da urbanización Obelisco onde se sitúa esta zona verde por mor das trabas impostas polos especuladores no seu día. Para finalizar a homenaxe, fíxose unha plantación dunha árbore na que participaron nenos e nenas da zona. Segundo sinalou o rexedor a árbore elixida foi unha de folla perenne para simbolizar a indignación perenne na que debe establecerse o pensamento dos nosos días. José Luis Sampedro Sáez avogou ao longo da súa dilatada carreira como docente, economista e escritor por unha economía «máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos». En 2010 o Consello de Ministros outorgoulle a Orde das Artes e das Letras de España «pola súa sobresaliente traxectoria literaria e polo seu pensamento comprometido cos problemas do seu tempo». En 2011 concedéuselle o Premio Nacional das Letras Españolas.
Posted on: Sat, 22 Jun 2013 12:09:33 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015