Os veciños de Meaño agardan con ledicia a chegada da Banda - TopicsExpress



          

Os veciños de Meaño agardan con ledicia a chegada da Banda Unión Musical de Meaño tralo seu éxito acadado en Holanda. As 22 horas deste noite está prevista a chegada dos membros da banda, despois de conseguir o domingo o primeiro premio no “World Music Contest” de Kerkrade, un festival que se celebra cada catro anos e que é considerado o mellor das bandas de música a nivel internaiconal. Ademáis, a banda meañesa tamén foi agasallada co “Timbal de Ouro” por ser a formación que máis puntuación obtivo entre as 200 bandas dos cinco continentes que participaron no festival ó longo de todo o mes de xullo. Está previsto que numerosos veciños de Meaño acudan esta noite ás inmediacións da Praza da Feira para recibir ós membros da banda, integrada por máis de un cento de compoñentes, que viaxan en dous autobuses dende Holanda. Co director da banda, David Fiuza, falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Posted on: Tue, 30 Jul 2013 12:07:20 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015