Pois si... XA TEMOS DATA PARA O VII SLALOM DE MONTERROSO! Será o - TopicsExpress



          

Pois si... XA TEMOS DATA PARA O VII SLALOM DE MONTERROSO! Será o 23 de Agosto do 2014, así que ide apuntando nas vosas axendas ;) Pero ter a proba calendada na FGA non quere dicir que xa teñamos os cartos para levala a cabo, co que agradeceríamos unha pequena colaboración pola vosa parte. Dende hai uns días temos á venda rifas para o sorteo dunha CESTA DE NADAL, que levará para a súa despensa aquel que posúa o boleto cos 3 últimos números do número premiado na Lotería do Neno (6 de Xaneiro). O prezo de cada rifa é de 1€, e podédelas mercar falando con calquera membro da escudería ou mesmamente a través deste Facebook. Se nos enviades unha mensaxe reservámosvos as que queirades, e incluso podedes pagar a través de Internet ;) Pensade que con un simple euro estaredes axudando a que a proba se atope máis preto da súa celebración. Agardamos a vosa colaboración! Saúdos!
Posted on: Tue, 03 Dec 2013 18:45:58 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015