"Que Voltem para a casa denuncia a sentenza desproporcionada e as - TopicsExpress



          

"Que Voltem para a casa denuncia a sentenza desproporcionada e as vulneracións dos dereitos fundamentais dos catro cidadáns/ás galegos xulgados na Audiencia Nacional A Asociación de familiares e amigos e amigas dos presos e as presas galegas Que voltem para a casa!, ante a sentencia condenatoria ditada pola Audiencia Nacional contra catro cidadáns e cidadás galegas, quere manifestar que considera desproporcionada e abusiva esta sentenza, que abre a porta á criminalización dunha parte da sociedade galega. Ademais, desde Que voltem para a casa! consideramos intolerábel que as catro persoas xulgadas tiveran que pasar mais de 21 meses en prisión preventiva antes da celebración do xuízo e a publicación da sentencia. Vulnerouse neste proceso xudicial o dereito das catro persoas xulgadas a un xuízo xusto con todas as garantías recoñecidas pola lei. Como se puido comprobar ao longo das sesións do xuízo, neste cometéronse numerosas irregularidades, especialmente na presentación da proba pericial da defensa. Asimesmo, denunciamos que durante o período da prisión preventiva se cometeron innumerábeis violacións dos dereitos dos catro presos e presas galegas, sendo sometidos de maneira arbitraria, sistemática e subxectiva ao 1º grao penitenciario e máis do réxime FIES. Lembramos que se trata dun réxime ilegal que ampara a violencia continuada contra as persoas presas e a vulneración dos seus dereitos fundamentais: agresións físicas e verbais, humillacións ás familias, maltrato psicolóxico, arbitrariedades, privacións, illamento, desatención sanitaria, alimentación deficiente, mínimas posibilidades de formación e lecer, incomunicación, comunicacións intervidas e limitadas, visitas reducidas a 40 minutos a través dun cristal e un único vis a vis familiar de 2 horas ao mes. Polo tanto, desde Que voltem para a casa! reclamamos o traslado de Maria, Antom, Eduardo e Roberto, e de todos os presos e presas galegas, a un centro penitenciario situado na Galiza, rematando deste xeito coa medida ilegal da dispersión e evitando o seu desarraigo social e cultural. Insistimos tamén na demanda dunhas condicións de vida dignas e humanitarias dentro das prisións e que se respecten os dereitos fundamentais de Antom, Maria, Roberto e Eduardo e de todos os presos galegos. Por último, facemos un chamamento a toda a sociedade galega para que se sume a todos os actos de protesta contra a política de dispersión e a situación penitenciaria dos presos e presas galegas. Compostela, 13 de setembro de 2013"
Posted on: Fri, 13 Sep 2013 17:10:13 +0000

Trending Topics



min-height:30px;">
Carta a Poiares Maduro, pelo Coronel PAULO BANAZOL (12 de Setembro
run in
ATTN::FRIDAY June 27th 7pm PM please ~BE SURE TO support the
Hybrid Formulation of Wave Propagation and Scattering (Nato

Recently Viewed Topics




© 2015