Que dispositivo embarga o meu itinerario, que oxidados ollos de - TopicsExpress



          

Que dispositivo embarga o meu itinerario, que oxidados ollos de semáforo, que feridas portas sen rumbo, que escravo cordón policial, que discurso enreda no coro de violíns cando o meu amor, humilde planeta, xira e xira ao teu redor? Ai, os camiños do amor que a miúdo conducen ao calvario! Canto eu non daría, miña prenda, por ser Pablo Neruda ou Pedro Salinas para celebrar caricias de poeta no ceo da túa boca! Antes de que floreza o cemiterio no meu rendido corazón.
Posted on: Mon, 19 Aug 2013 10:12:06 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015