RESTRICCIONS NO TRAFICO DESDE AS 22.00 HORAS DE HOXE POR MOR DA - TopicsExpress



          

RESTRICCIONS NO TRAFICO DESDE AS 22.00 HORAS DE HOXE POR MOR DA VOLTA CICLISTA A GALICIA 2013 Este sábado 14 de setembro, ás 13:50 horas, terá lugar a saída dende a nosa cidade da 2º etapa da Volta a Galicia 2013, partindo da avenida de Xoán Carlos I, co seguinte itinerario: Pombal, Galeras, Morón, Salvadas e Vista Alegre. No punto en que esta última conflúe coa estrada a Santa Comba, a saída deixará de estar neutralizada, iniciándose o traxecto por Torreira e Ponte do Romaño, saíndo pola Peregrina (DP-7804). A partir das 17:30 horas, está prevista a chegada da carreira dende a zona de Montouto (AC-841), incorporándose de novo á cidade, facéndoo por Castiñeiriño, Paxonal, Amor Ruibal, Romero Donallo e Rosalía de Castro, rematando na avenida de Xoán Carlos I. Por este motivo, quedará prohibido o estacionamento nas avenida de Xoán Carlos I e na Carreira do Conde dende as 22:00 horas do venres 13 ata as 19:00 horas do sábado 14. Entre as 12:30 e as 14:00 e entre as 17:30 e as 19:00 horas do devandito día 14, producirase o corte total ao tráfico da avenida de Xoán Carlos I. Na rúa de Montero Ríos circularase eventualmente en sentido contrario ao estipulado dende a avenida de Rosalía de Castro, entre as 12:30 e as 14:00 e entre as 17.30 e as 19:00 horas do mesmo día 14. O resto das vías que figuran no itinerario serán cortadas de forma puntual e abertas novamente ao tráfico en virtude da marcha da etapa. Todos os cortes e desvíos estarán debidamente sinalizados e atendidos pola Policía Local coa colaboración de Protección Civil. O Concello prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións poidan causar.
Posted on: Fri, 13 Sep 2013 07:05:47 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015