Ribadeo | La Diputación apoyará la construcción de la - TopicsExpress



          

Ribadeo | La Diputación apoyará la construcción de la residencia de la tercera edad de Ribadeo El vicepresidente de la institución provincial, Antonio Veiga, comprometió el apoyo económico en función de sus posibilidades financieras para que la infraestructura este finalizada en el 2015. Veiga urge a la Xunta de Galicia a mostrar con rotundidad su compromiso con este proyecto tan demandado por los vecinos de Ribadeo O vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado de Benestar Social, Antonio Veiga, mantivo esta mañá unha xuntanza co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a delegada de Servizos Sociais do municipio, Teresa Piñeiroa, na que lle trasladou que a Xunta de Goberno da institución provincial aprobará, na súa sesión de mañá venres, unha declaración de apoio á construción da residencia da terceira idade e o seu compromiso de colaborar economicamente neste proxecto en función do orzamento para o vindeiro ano e as posibilidades económicas da Deputación. Durante o encontro, Antonio Veiga insistiu en que o ente provincial fará todo o que estea na súa man para que a residencia da terceira idade de Ribadeo estea rematada ao longo de 2015 e asegurou que “debe ser a Xunta de Galiza, e en concreto a consellería de Traballo e Benestar, a que agora mova ficha para que este proxecto tan necesario non só para este concello senón tamén para toda a Mariña Oriental, se converta nunha realidade. Estamos a falar dun proxecto fundamental para toda a comarca que ademais constitúe unha reivindicación de todos os veciños e veciñas como xa quedou demostrado coa elevada participación da veciñanza e colectivos de diversa índole na concentración convocada o pasado ano e que foi a manifestación máis multitudinaria de Ribadeo, na que máis de mil persoas reclamaron unha residencia da terceira idade no concello”. Na mesma liña, o vicepresidente da Deputación incluso recordou que algúns membros do Partido Popular recoñeceron a importancia deste proxecto e aproveitou para invitalos a urxir ao Goberno galego, ao Goberno do seu partido, a que exprese con claridade o seu compromiso coa residencia da terceira idade de Ribadeo e a que incremente o orzamento que asegurou aportaría. Esta infraestrutura, que está previsto construír na parcela onde se atopan as antigas vivendas de profesores e un dos inmóbeis colindantes, entre as rúas Paco Lanza e Alfredo Deaño, supón un investimento aproximado de 2,3 millóns de euros e está deseñada para atender a entre 44 e 46 usuarios e usuarias. Para Fernando Suárez, alcalde do municipio, “é unha cantidade inasumíbel para o concello, polo que precisamos da colaboración da Deputación e a Xunta de Galiza; só así se poderá satisfacer esta demanda veciñal. Grazas ao esforzo realizado pola Corporación Municipal, o compromiso que está a amosar a Deputación e esperemos que o Executivo galego decida incrementar a súa participación, estamos cada vez máis preto de que este proxecto se converta nunha realidade”. Veiga lamentou “a falla de vontade que a Xunta de Galiza amosa para coordinar toda unha serie de políticas sociais e de benestar en favor dos lucenses e en particular a súa negativa a acordar un plan de residencias para dar cobertura á demanda das comarcas lucenses caracterizadas, ademais, polo avellentamento da súa poboación o que xustifica, tamén, a necesidade e urxencia deste tipo de instalacións. Co apoio ou non do Partido Popular, desde a Deputación Provincial traballaremos para que a comarca da Mariña dispoña dunha nova residencia en 2015.”
Posted on: Thu, 24 Oct 2013 10:55:49 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015