Sabedes onde está a orixe do polbo á feira? Os documentos máis - TopicsExpress



          

Sabedes onde está a orixe do polbo á feira? Os documentos máis antigos que relacionan a comarca ourensá de O Carballiño coa tradición polbeira atópanse nos arquivos históricos do servicio de documentación da biblioteca municipal de Marín. Citan a dependencia destas terras mariñeiras do mosteiro cistercense de Oseira (do cal foron coto durante séculos) no concello de Cea, situado preto do Carballiño (20 km) e pertencendo ao partido xudicial do mesmo nome. Estes documentos revelan como chegou o polbo ao Carballiño e máis concretamente á parroquia de Arcos. No século XVII os dereitos de foro polo uso das terras de labranza dos marinenses compensábanos en especies (cordeiros e productos mariños), destacando o polbo. Este, xunto co resto das especies, entregábanllos aos frades de Oseira o día de San Miguel, festividade de Marín. Pola grande cantidade de polbo acumulado, pode tomarse a referencia de que os frades comezaran a comercialización do polbo nas terras do Orcellón, figurando o nome de Santa María de Arcos, o cal indica que os veciños desta localidade iniciaran a súa tradición polbeira co ensino gastronómico, posiblemente, dos frades. De feito, na actualidade, practicamente a totalidade das familias de Arcos dedícanse a este oficio.
Posted on: Sun, 15 Sep 2013 19:14:57 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015