Sánchez Presedo rexeita no Parlamento Europeo o acordo pesqueiro - TopicsExpress



          

Sánchez Presedo rexeita no Parlamento Europeo o acordo pesqueiro con Mauritania porque «sacrifica inxustamente á flota cefalopodeira galega» 8 de Outubro de 2013 O eurodeputado socialista e membro da comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Antolín Sánchez Presedo, lamentou o voto favorable da Eurocámara ao Acordo Pesqueiro entre a UE e Mauritania, e instou as autoridades comunitarias a «traballar dende hoxe mesmo por un novo Protocolo distinto e satisfactorio». Tras a votación, o eurodeputado socialista enumerou os problemas que presenta o actual Protocolo e que foron o motivo do seu rexeitamento. En primeiro lugar, as restritivas condicións económicas e técnicas; e, en segundo lugar, a expulsión da frota cefalopodera europea de augas mauritanas, «con grande impacto en Galicia e Canarias», sinalou. Así mesmo, lamentou que durante o últimos meses de negociacións non se corrixisen os «enormes desequilibrios» sen o cuales, -engadiu- «o acordo non é aceptable». A este respecto, censurou que o Protocolo sacrifique inxustamente á frota cefalopodera galega, e advertiu do traumático impacto económico e social para Galicia, «xa que se obrigou a amarrar numerosos buques que, inxustamente, perderon toda oportunidade de faenar na zona». Sánchez Presedo cualificou, tanto o Acordo coma as condicións nas que se negociou de «pouco transparentes, desproporcionadas e lesivas». «A frota europea representa apenas o 6% das capturas de polbo e non compite coa frota artesanal mauritana», explicou. Igualmente denunciou o trato inxusto aos barcos europeos, malia a súa expulsión, outras frotas industriais continúan faenando, a porcentaxe de capturas accesorias de cefalópodos aumenta e tamén o fan as importacións procedentes de augas mauritanas. Na súa opinión, «son moitas as razóns que o actual Protocolo non é beneficioso nin para a UE nin para Mauritania, xa que afasta as relacións pesqueiras con Mauritania da senda da sostibilidade,». psdeg-psoe/2013/10/08/sanchez-presedo-rexeita-no-parlamento-europeo-o-acordo-pesqueiro-con-mauritania-porque-sacrifica-inxustamente-
Posted on: Tue, 08 Oct 2013 18:01:44 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015