#TRABALLANDOPOLOVALADOURONAMARIÑABESTEIRO Besteiro cerra no - TopicsExpress



          

#TRABALLANDOPOLOVALADOURONAMARIÑABESTEIRO Besteiro cerra no Valadouro acordos para a promoción económica do Concello e o aforro municipal 16-07-13 O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este martes un encontro co Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, na que foi a súa primeira visita institucional a este Concello mariñano, do que resultaron os primeiros acordos entre ambas as dúas administracións en materia de eficiencia enerxética e emprego para a promoción económica e o aforro municipal no Valadouro. O titular provincial adiantou que a Deputación reducirá nun 10% a factura eléctrica do Concello, que ascende ós 90.000 euros anuais, coas medidas da Axencia Provincial da Enerxía. A institución luguesa investirá 30.000 euros na adquisición de 570 compoñentes, que instalará no alumeado público, no Consistorio e no centro sociocultural Manuel Lourenzo. O Presidente avanzou que antes de finais de ano o Valadouro contará con este material, que permitirá un aforro de 9.000 euros ó ano. A dotación e instalación de lámpadas de baixo consumo ou LED´S más eficientes son froito do resultado da auditoría enerxética que o organismo provincial levou a cabo de xeito totalmente gratuíto en instalacións municipais do Valadouro mediante a Axencia Provincial da Enerxía, aforrando a este Concello ós 10.000 euros que, segundo os prezos do mercados, custan este traballos. Os 570 compoñentes para a redución da factura distribuiranse do seguinte xeito: 317 para o alumeado público, 151 na Casa Consistorial e 102 no centro sociocultural Manuel Lorenzo. Emprego A Deputación levará ó Valadouro dous cursos formativos e gratuíto sobre agricultura ecolóxica e o sector forestal co Fórmate en Verde, a programación coa que o organismo provincial xera emprego e fixa poboación no rural. Os participantes nestas accións formativas recibirán sen custe algún asesoramento técnico especializado para a creación ou reconversión de empresas vinculadas a sectores punteiros. Hai que ter en conta que a produción ecolóxica xera beneficios de 9 millóns de euros ó ano en Lugo, situando a esta provincia á cabeza en Galicia no volume de facturación. Ademais, Lugo é a provincia de maior importancia forestal na Comunidade, ó concentrar o 35% do total da superficie galega de monte arborado con 500.000 hectáreas. Dentro da provincia luguesa, A Mariña ten un gran peso neste eido ó contar co 30% das empresas lucenses adicadas ó sector da madeira. Ante as oportunidades económicas das accións formativas do Fórmate en Verde, Gómez Besteiro avanzou que no outono se levarán ó Valadouro estes dous cursos. O Concello deberá pór a disposición da institución luguesa os locais para a súa celebración. Estrada do Cadramón Outras das actuacións que porá en marcha de xeito inmediato a Deputación no Valadouro é a mellora da estrada provincial do Cadramón, tal e como adiantou Gómez Besteiro. O Alcalde do Valadouro fixo ó Presidente da Deputación outras peticións en materia de emprego, infraestruturas, promoción económica, medioambiental e impulso do rural, que serán estudadas pola institución luguesa.
Posted on: Tue, 16 Jul 2013 19:37:18 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015