Tras os graves feitos ocorridos no día de onte, 20 de novembro, - TopicsExpress



          

Tras os graves feitos ocorridos no día de onte, 20 de novembro, durante a mobilización contra a LOMCE convocada en Vigo, dende a Xuventude Comunista manifestamos a nosa solidariedade coas estudantes detidas, e esiximos a súa inmediata posta en liberdade e sen cargos. Mostramos a nosa máis firme condea ante a represión policial desplegada contra o estudantado consciente, maioritariamente de ensino medio, que rematou con varios feridos e 6 detidos. Actuación policial que non ten ningunha xustificaación e que se dá nun contexto de constante criminalización da loita do movemento estudantil contra a LOMCE -lei que rexeitamos de cheo por ser privatizadora, elitista e retrógrada- e contra os continuos ataques do Goberno ao ensino público. Da mesma forma condeamos, unha vez máis, a actitude do Sindicato de Estudantes, sindicato estudantil sen apoio nas bases do estudantado, caracterizado polas súas actuacións oportunistas e a apropiación das accións do resto do estudantado, servíndose do seu poder mediático. O seu comportamento de colaboración coas forzas represivas e as súas dinámicas habituais caracterizadas por impedir calquera iniciativa saida do estudantado (chegando incluso a provocar enfrontamentos), favoreceron indiscutiblemente a actuación das forzas policiais. Chamamos á resposta das asembleas, dos colectivos e das organizacións, para seguir loitando por unha educación pública, gratuita, de calidade, antipatriarcal, en galego, ecoloxista, científica e laica, así como á participación nas concentracións convocadas en solidariedade coas compañeiras en varias cidades de Galiza, para evitar que a represión merme o ciclo de mobilizacións que se plantexan ao longo desta semana. BASTA DE CRIMINALIZAR AO MOVEMENTO ESTUDANTIL! STOP REPRESIÓN! xcgalega.org/noticias/20-noticias/967-comunicado-brutal-represion-estudantado-vigo.html?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter
Posted on: Fri, 22 Nov 2013 08:30:23 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015