UN MAR DE TESOUROS-REVISTA ORAL conducida por Xurxo Souto e - TopicsExpress



          

UN MAR DE TESOUROS-REVISTA ORAL conducida por Xurxo Souto e organizada por Ponte..nas ondas! para a IV MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS. Pola revista pasaron persoas directamente relacionadas cos saberes e oficios do mar. Benito, que foi armador do barco "Guardés", contou a súa experiencia nas costas africanas na captura da lagosta; Enrique “o Malla”, un dos últimos cordoeiros da Guarda, salientou a importancia do traballo que realizaban elaborando cordas destinadas aos labores de pesca; Rita, Manoli e Carmen, da Asociación de Redeiras “Atalaia”, recordaron o tempo das “atadeiras”, e a investigadora Aurora Rego, autora do volume “De Santa Marinha de Gontinhaes a Vila Praia de Áncora (1624-1924), desvelou a orixe da comunidade piscatoria desa vila portuguesa, iniciada coa chegada dun mariñeiro da Guarda, Antonio Verde, acompañado da súa familia e, posteriormente ampliada ao instalarse outros guardeses na localidade, historia que se reflicte na publicación. A música do mar chegou da man da Banda do Caxato, con compoñentes de A Guarda. Xurxo Souto destacou o importante patrimonio que estas persoas "portadoras" atesouran e referiuse ao labor que Ponte...nas ondas! está realizando neste Concello. + info: galiciasuroeste.info/reportaxes2010/tesouros.htm
Posted on: Sun, 28 Jul 2013 18:54:39 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015