Xornadas "A creatividade para a empregabilidade" (26, 27 e 28 de - TopicsExpress



          

Xornadas "A creatividade para a empregabilidade" (26, 27 e 28 de setembro) A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar organiza os vindeiros días 26, 27 e 28 de setembro de 2013 unhas xornadas sobre a creatividade e a empregabilidade, enmarcado dentro do proxecto europeo Xuventude en Acción. • Datas: 26, 27 e 28 de setembro de 2013 • Lugar de realización: Santiago de Compostela • Obxectivos: - Fomentar o espírito emprendedor entre os/as mozos/as. - Cultivar a imaxinación e creatividade aplicada ao autoemprego e a empregabilidade. - Ofrecer un espazo para a adquisición de habilidades, destrezas e competencias emprendedoras: traballo en equipo, habilidades comunicativas, aprender de facendo. - Intercambiar boas prácticas sobre a empregabilidade baseada no autoemprego e o emprendemento. • Destinatarios: - Representantes/dirixentes e directivos de asociacións xuvenís. - Mozos e mozas membros de asociacións. - Estudantes universitarios de último curso. - Estudantes de formación profesional de último curso. - Mozos e mozas non asociados. • Número de prazas: 30 • Prazo de inscrición: ata o 15 de setembro de 2013, mediante envío de formulario electrónico. • Requisitos de participación: Os/as solicitantes que non reciban correo de confirmación nos dez días seguintes ao rematar o prazo de inscrición, entendérase que non obtiveron praza. Os/as participantes que teñan confirmada a súa praza e non asistan ás xornadas deberán aboar os gastos de reserva de aloxamento e manutención, se non o comunican á organización cunha antelación de 48 horas de inicio da xornada (salvo acreditación mediante o correspondente xustificante da non asistencia por causa de enfermidade ou falecemento dun familiar). • Cobertura da actividade: - Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple (agás os/as residentes do Concello de Santiago ou concellos limítrofes, que terán manutención). - Transporte no ámbito da actividade. Para mais información: xuventude.xunta.es - [email protected] Teléfono número: 981 544 645 - Formulario de inscrición: xuventude.xunta.es/2013022611323/miguel.html
Posted on: Tue, 10 Sep 2013 07:03:37 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015