A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), - TopicsExpress



          

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital vai celebrar o vindeiro xoves 5 de decembro a Xornada NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL, enmarcada na súa liña de actuación de apoio na procura de emprego. Os obxectivos da xornada son: Mostrar aos asistentes como, grazas ao avance da Economía Dixital, existen moitos e moitas mozas que empezan a ocupar postos de traballo que as empresas demandan dende hai pouco tempo, así como achegar outros perfís de nova creación que atenderán a futuras necesidades do mercado. Habilitar un foro onde mozos e mozas galegos, exemplos de emprendemento, poidan dar a coñecer como, grazas á súa paixón polo mundo das redes sociais, internet e as novas tecnoloxías, traballan no que máis lles apaixona, o mundo dixital. Esta actividade, que terá lugar no Salón 103 da Cidade da Cultura, vai dirixida a Voluntari@s Dixitais, Entidades de Acción Social, moz@s, persoas desempregadas, orientadores laborais e calquera persoa interesada, entusiasta de Internet e o 2.0 ESTRUTURA DA XORNADA 9:30 Conferencia Juan Merodio “NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL” 11:00 Descanso 11:30 “MARKETING E COMUNICACIÓN DIXITAL”: 12:30 “PROGRAMACIÓN” 13:30 “DESEÑO VISUAL, ARTE E CREATIVIDADE” 14:30 Fin da sesión Pode consultar aquí o Programa da xornada A asistencia á xornada é de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da web de Voluntariado Dixital, cumprimentando o Formulario de rexistro. https://voluntariadodixital.xunta.es/sites/default/files/PDF/recursos/Programa_Xornada_Novos_Perfis_Profesionais_0.pdf
Posted on: Mon, 02 Dec 2013 14:46:07 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015