COPIADO DE XAVIER CAMPOS: A miña bandeira é Nelson Mandela, - TopicsExpress



          

COPIADO DE XAVIER CAMPOS: A miña bandeira é Nelson Mandela, mapuche, aimara, vasca, irlandesa, lesbiana, humilde, obreira, verde, feminista, combatente, anticapitalista, dos currelas de Vallecas e de Lisboa e de Ourense, é negra de Detroit e Cabo Verde e Bahía, cubana, bolivariana, kurda, chilena, apache, comunista, de Allende, dos agochados do mundo, das perseguidas da historia, de Hernán, de Walter Benjamin, de Tupac Amaru, de Gaza e de Riotorto e de Namibia e do Gran Sol e do naval e do leite, dos que se erguen cedo e se deitan tarde, traballando, dos parados e paradas que non están quiet@s nin calad@s, de John Berger, Blanco Amor, Ánxel Casal, é bárbara, chévere, bereber e libertaria e Frida Kahlo e socialista e sorriso dos sandinistas e alalá de sismo no minarete de Djam. A miña bandeira é unha primavera, un abril de encontros e de miradas, de voces que se cruzan, de lágrimas que nacen ao sol da dignidade. A miña bandeira é Rosalía, Castelao, Seoane, Moncho Reboiras, soberanista, independentista, galega. Tricolor, republicana. Di, ao vento: democracia, igualdade, xustiza, traballo. A miña bandeira é todo iso, e é esta.
Posted on: Tue, 23 Jul 2013 23:13:48 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015