Escribín este poema cando a traxedia do Prestige. Así foi - TopicsExpress



          

Escribín este poema cando a traxedia do Prestige. Así foi escrito e así o ofrezo. BÁGOAS NEGRAS Bágoas negras. Esvaran mentres o mar enloitece o mar que non sabe de reglas o mar que sen ondas azuis non crece. Bágoas negras. Chorando, berrando contra a maldade, cambalease na noite dun maldito naufraxio amosando a semente da vil crueldade que excusan podentes con envelenados adaxios. Bágoas negras. Non é plastilina carne oceánica para ser estimada muxica inxel. Bocas falaces, caras satánicas, converten, lordeiras, o ferro en papel. Bágoas negras. Todo é noitébrego, viscosos, burlesco, crepita o pranto con bágoas xordas, o nagro é tan negro, tenaz e funesto que ata as gueivotas semellan efixies de lorda. Bágoas negras. Canto tempo? Canto?...Vai durar este estrago? Cheiran a maricidio as rochas do litoral Galiza de negra sombra neste século aciago limita polo oeste cun sumidoiro mortal.
Posted on: Wed, 13 Nov 2013 20:21:52 +0000

Trending Topics



13-18 NLT You were dead because of your sins and

Recently Viewed Topics




© 2015