O ciclo de monólogos “Un outono…de risa!” finaliza este - TopicsExpress



          

O ciclo de monólogos “Un outono…de risa!” finaliza este mércores con “Carlos Blanco ao vivo (de momento!)” Chega ao seu fin o ciclo de monólogos que organizou en outubro a Concellería de Cultura de Fene. A derradeira función, prevista para este mércores ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Fene, terá como protagonista ao polifacético actor e humorista Carlos Blanco quen presentará o seu último espectáculo. En “Carlos Blanco ao vivo (de momento)”, o showman recupera os mellores monólogos dos seus doce anos de carreira, repasando co mellor senso do humor temas que foron actualidade coma o roubo do Códice Calixtino. Para asistir á función, será imprescindible retirar as entradas (até un máximo de tres por persoa) o mesmo día do espectáculo (mércores 23 de outubro), de 17.00 a 20.00 horas, na conserxería da Casa da Cultura. Entradas de balde ate completar o aforo. Carlos Blanco é un artista cunha ampla traxectoria teatral. Amais de autor e director, é un dos actores galegos de TV máis coñecidos. Presentou e colaborou en multiples programas da TVG como “Sitio Distinto” ou “Luar”. Formou parte do elenco protagonista da serie “Mareas vivas” e, posteriormente, tamén do de “Lobos”, serie emitida por Antena 3 en 2005. A súa estrea no mundo das longametraxes veu da man de Antón Reixa en “O lápis do carpinteiro” e Patricia Ferreira cun papel en “O alquimista impaciente”. Tamén realizou unha pequena colaboración na película “Volver” de Pedro Almodóvar. En 2003 foi finalista do Certame de Monólogos de El Club de la Comedia. carlosblancoaovivo/
Posted on: Mon, 21 Oct 2013 11:15:38 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015